04

pub modus vivendi
historia

[ pub modus vivendi ]

santiago de compostela - galiza

   inicio    

     modus vivendi

    características

onde estamos

       historia


  barra de menus  

pub modus vivendi
axenda
concursos
prensa
álbum de fotos
libro de visitas
ligazons
contacto

       
  *  

revista move

       


    ·            ·              ·               ·             ·            ·    
|   70          80           90           2006         10          20...
 
O primeiro pub que se fundou en Galiza |
l Non deberiamos rematar esta reseña sen falar da participación deste local, na fundación da Asociación Cultural Cidade Vella, na que ainda participamos activamente, e que tanto tivo que ver nas últimas duas décadas no protagonismo compostelán na cultura galega, e nos momentos fundacionais das suas figuras relevantes (Festival internacional de folk, Feito a man, O doce ritmo das pedras...)
l Co comezo da década dos setenta, comeza tamén a singradura do pub Modus Vivendi, que dura até hoxe; nace sendo unha lenda, xa que é o primeiro pub que se fundaba en Galiza, e atravesa 3 etapas marcadas polas distintas persoas, que tiveron a honra de pilotar esta nave. Nos 70, Antonio, o fundador, imprimiulle o carácter e a personalidade, que se afianzarían con Lalo nos 80 e 90, convertindo ao Modus, no referente nocturno, e tamén nun referente da cultura alternativa (como exemplo, hai que dicir que o Modus convírtese nun momento determinado, na primeira galeria de pintura independente da cidade).
Xa agora, no século XXI, os que agora recibimos a honra de continuar esta aventura, trataremos de que o Modus siga estando na vangarda, sen que deixe de ser un clásico. Se nestas 3 décadas e media, hai algo que define ao Modus, probablemente sexa a achega da vida cultural (a música, o teatro, a pintura, a literatura...) á noite. Infinidade de figuras pasaron pola nosa cabaleiriza; figuras do noso país coma Berrogüeto, Budiño, Uxia Senlle, Carlos Blanco... , pero tamén inesquecibeis visitas coma as de Tete Montoliu, Sexy Sadie, Mick Taylor, ex-guitarra dos Rolling Stones, e un longuísimo etcetera.
   
caracteristicas do pub modus vivendi
www.pubmodusvivendi.net www.pubmodusvivendi.net | ©2006 pub modus vivendi · praza feixoo, santiago de compostela, galiza | e-mail | aviso legal | deseño web: Amplitud-e